domingo, 18 de mayo de 2014

BENVIDA


Benvidos ao blog da Semana Cultural das Letras Galegas no Colexio Padre Feijoo- Zorelle!

http://letrasgalegaspadrefeijoozorelle.blogspot.com.es/p/diaz-castro.html 
Xosé María Díaz Castro (fai clic na imaxe para saber máis)


A Semana cultural das letras galegas é un proxecto interdisciplinar ao longo do cal os alumnos da ESO levan a cabo diversos proxectos para honrar a Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado este ano, así como para coñecer mellor a literatura e cultura da nosa provincia.

Grazas desde aquí á Deputación de Ourense, por convidarnos a organizar este evento, proporcionándonos material para levar a cabo un bo número de actividades coas que afondamos no coñecemento das letras ourensás.

E por suposto grazas e parabéns a todo o alumnado e profesorado da ESO polo magnífico traballo de investigación desenvolto estes días, entre o que destacamos:
  •   A pegada de carteis informativos sobre a semana das letras galegas
  •  A elaboración de mosaicos sobre autores ourensáns galardoados: un proxecto levado a cabo por alumnos de 4º da ESO baixo a supervisión dos profesores Esperanza González Freijido, Rosa Pérez, María Jesús González e Felipe Iglesias de la Torre.
  •   A elaboración dun mural sobre a natureza e a paisaxe orensá por alumnos de 2º da ESO, baixo a supervisión de Carlos Blanco e Carmen García.
  •   A Interpretación dunha adaptación ao rap do poema de Celso Emilio “Deitado frente ao mar” por alumnos de 1º e 3º da ESO baixo a supervisión de Rafael Durán Martínez e Carmen García.
  • O estudo e elaboración dun mural por alumnos de 2º da ESO sobre os autores ourensáns de narrativa, un proxecto supervisado por Silvia Vilar e Rafael Durán.
  •  “A Arquitectura monacal e pintura en Ourense”, un proxecto dos alumnos de 4º da ESO baixo a supervisión de María Jesús Corral y Esperanza Freijido.
  •  A creación dun Mural sobre etnografía, folclore e costumes por alumnos de 3º da ESO, baixo a supervisión de Carlos Blanco Urbano
  • A tradución ao castelán, inglés e francés dun poema de Vicente Risco, “As herbas de San Xoan” e dunha cantiga de Curros Enríquez, un proxecto coordinado polas profesoras Eva Pousa, Silvia Vilar, Alba Santacruz e Soraya Iglesias.
A celebración das nosas letras NON remata aquí e agora.  ¡Facede que o día das letras galegas non se limite a unha semana, senón que teña lugar durante todo o ano!  Lede, aprendede e disfrutade coa obra de autores que fan de nós un gran pobo.


Honorato Losada
Director